Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

sábado, 5 de marzo de 2016

Unha tarde de paseo DESASTROSA!

   Era unha tarde de paseo. As beirarrúas estaban case baleiras. Eu ía de tenda en tenda, ollando cara aos escaparates e mercando alguna lambetada cando me viña a fame.
   Tras media hora camiñando, cheguei ao parque. Alí agardaba o meu xefe. Eu non quería ir falar con el, pero obrigárame a miña muller para pedirlle perdón e así non perder o meu traballo. Leveille uns bombóns como agasallo. Dinlle unha aperta e saudeino. Logo, díxenlle:
            -Sinto moito que esquecese poñer o freo do seu coche, pero tamén vostede parece parvo. Para que me deixa o seu deportivo? Para que me di que o aparque á beira do precipicio?
   O meu xefe enfadouse moito.
 Para cando volvín á casa, xa non tiña traballo. O meu xefe despedírame!


Andrés Xabier Cancela Fernández  - 2º C  ESO

martes, 15 de diciembre de 2015

O tempo hoxe martes 15 de decembro

Dar cabida á creatividade e á escritura é sempre un agradable exercicio para a mente. 
Onte, na clase elaboramos unha pequena nota de prensa para falar da alerta amarela anunciada para esta jornada.
TITULAR: ALERTA AMARELA NA CORUÑA
Requisitos:  
A nota debía ter cinco liñas e conter os seguintes termos: FORTES VENTOS - BAIXADA DE TEMPERATURAS - PARAGUAS - LITORAL - ONDAS DE MÁIS DE 100 METROS.
Cunha estupenda acollida por parte dos alumnos de 3ºESO A, aquí vos deixamos dúas das súas creacións:

   A partir de mañá haberá alerta amarela ata as doce da noite por fortes ventos que veñen do litoral, baixadas de temperatura e incluso ondas de máis de 100 metros. Mañá se pasan pola Coruña, verán moitos paraguas nas rúas.
Andrea López Ramos

Mañá, empezando esta tarde, teremos alerta amarela por fortes ventos, co que haberá unha baixada forte de temperatura, voarán os paraugas na zona do litoral, onde haberá ondas de máis de 100 metros. Miiiiiña nai! Seremos Venecia
Alejandro Costas Rodríguez

jueves, 18 de junio de 2015

I CONCURSO DE TRABALLOS DE GALEGO DE 3º ESO

   Con moita ilusión e a colaboración e entusiasmo de alumnos e profesores, onte mércores 16 de xuño tivo lugar o I CONCURSO DE TRABALLOS DE GALEGO DE 3 º DA ESO.
      Tres clases a concurso e máis de 60 traballos.
TRABALLOS DE 3º ESO A
TRABALLOS DE 3º ESO B
TRABALLOS DE 3º ESO C

    Os traballos, realizados en grupos de 4, de 3 e/ou en parellas versaban sobre a figura de Filgueira Valverde e sobre lugares e festas de interese en Galicia e foron expostos oralmente durante estes  días. Entre o luns e o martes, voluntarios das tres clases reubicaron e colocaron os mesmos do mellor xeito posible. Sendo dous os criterios a ter en conta nas votacións: TRABALLOS MELLOR PRESENTADOS NO QUE SE REFIRE AO CONTIDO E Á FORMA e MELLOR EXPOSICIÓN DOS MESMOS; había que esmerarse por competir cos compañeiros do corredor.


    Seguindo o criterio da data de nacemento, foron nomeados representantes de cada clase, os tres alumnos máis pequenos: 
           ÓSCAR LÓPEZ VÁZQUEZ (3º ESO A) 
                 IRIA SUÁREZ CASTILLO ( 3º ESO B)  
                JUAN CHRISTIAN RODRÍGUEZ  FERNÁNDEZ(3º ESO C)
        Os tres realizaron de xeito impecable o seu cometido, con total seriedade, convocaron aos nove profesores o martes explicándolles a maneira na que se ía proceder e pedindo a súa participación. Desde primera hora do mércores atenderon a mesa das votacións.
Feito o escrutinio, só restaba cubrir as actas e deixalas nas tres clases.
3º ESO C gañou.
    Felicidades a toda a clase polo traballo ben feito e agradecementos a TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN E  ENTUSIASMO, AOS PROFESORES QUE CON TOTAL INTERESE, PREOCUPACIÓN E MIMO viaxaron polas nosas Letras, as nosas Festas e os recunchos máis fermosos da Nosa Terra. Grazas pola súa COLABORACIÓN e grazas tamén aos tres representantes que fixeron de secretarios nesta exitosa iniciativa.
FELIZ VERÁN A TODOS.





miércoles, 17 de junio de 2015

AS LETRAS GALEGAS E 3ºC

Traballo realizado por: MANUELA, VANESA, MIRIAM E MARÍA
Traballo realizado por: TANIA, NURIA, DIEGO E ENRIQUE
Traballo realizado por: ANTÍA, ALBERTO, PAULA E IGNACIO
Traballo realizado por: PABLO LODEIRO, JUAN, IGNACIO BRANDARIZ E PABLO MORALES
Traballo realizado por: CHRISTIAN, SAMUEL E PABLO
Traballo realizado por: ALEJANDRA, PATRICIA, VERÓNICA E MÓNICA







martes, 16 de junio de 2015

AS LETRAS GALEGAS E 3º B

 Traballo realizado por: IRIA GARCIA, NOEMÍ, TERESA E UXÍA
 
  Traballo realizado por: GONZALO, ADRIÁN, JACOBO E GABRIEL
                                     
                             
                     Traballo realizado por: FABIEL, DANIEL, ALEJANDRO E IRIA SUÁREZ

   Traballo realizado por: PABLO, PEDRO, JOSÉ MIGUEL E ÁLVARO

  Traballo realizado por: CAROLINA, YAIZA, ALBA E MARTA


  Traballo realizado por: DIEGO, SERGIO, JAVIER E JAIRO


miércoles, 10 de junio de 2015

AS LETRAS GALEGAS E 3ºA

    Este ano adicamos o día das LETRAS GALEGAS a  XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE. Co gallo da celebración, achegámonos á figura dun home culto, traballador a prol da lingua e a literatura galega e gran poeta.
   Carteis percorren os nosos corredores dando vida aos seus versos, á súa vida e á súa obra.
   Hoxe, no noso blog, amosamos os traballos feitos polos alumnos de 3º ESO A e convidámosvos a deixar un comentario sobre este autor.
Traballo realizado por: OMAR, DIEGO LOSADA, YAGO E DANIEL


Traballo realizado por: NURIA, PAULA, LUCÍA E CARMEN


                                    Traballo realizado por: LARA, CLAUDIA E MIRIAM

Traballo realizado por: ALBA, AITANA, SOFÍA E MÓNICA
                   Traballo realizado por: JUAN, DIEGO ABADÍN, JORGE, ÓSCAR E ADRIANA

                                
                                           Traballo realizado por: ALBERTO E ÁLVARO


jueves, 23 de abril de 2015

PRAIA DE SAN FRANCISCO EN LOURO

Hoxe chegan ao noso blog estas fermosas fotos de 
ALBA FERNÁNDEZ REY (3ºESO A) na praia de Louro.



Dende a ría de Muros e Noia, Louro bica o mar.




Moitas grazas Alba, por estas imaxes cheas de beleza, mar e area.