Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

miércoles, 21 de diciembre de 2011

O Apalpador




Estamos en época de Nadal e debemos lembrar unha figura mítica de orixe galega olvidada durante anos e recuperada dende hai ben pouco: o Apalpador.
Este persoeiro era un vello carboeiro que vivía nas devesas das altas montañas das terras dos Ancares e O Courel, que na noite do 24 de decembro ía  ás aldeas e caladiñamente achegábase ós nenos que estaban durmindo para apalparlles a barriga e comprobar se estaban ben alimentados. Despois agasallábaos cunhas castañas e desexáballes un bo ano cheo de ledicia e comida.



 Conservamos na nosa literatura popular algúns vilancicos que fan referencia a esta figura mítica do Apalpador.


           Hoxe é día do Nadal,
día do Noso Señor
ide logo para a camiña
que vai vir o Apalpador.
·············
Hoxe é día do Nadal,
vai neniño para a camiña
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña.
·············
Hoxe é día do Nadal,
que haberá gran nevarada,
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
·············
Por aquela cemba,
xa ven relumbrando,
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.

 



.

No hay comentarios:

Publicar un comentario