Mentres agardamos con ilusión a entrada sobre a visita a Santiago... Dúas obras de arte:
Un rap da man de Marco Antonio de 3º ESO-C que, de bo grado e atendendo ás peticións dos seus compañeiros, compuxo a letra e agasallounos rapeando con decisión. Xuzgade bos mesmos a orixinalidade e o seu arte.
Letra:
Boom! estoupa a bomba
o altavoz non o soporta
unha voz celestial berra a gritos
outra voz sooando ó eco, McLoita!
o meu rap non adoita
non oe, non fai caso non escoita
deixache a túa mente rota
sen mensaxes subliminais, sen mentiras,
sen soar comercial, aceptade a derrota.
o altavoz non o soporta
unha voz celestial berra a gritos
outra voz sooando ó eco, McLoita!
o meu rap non adoita
non oe, non fai caso non escoita
deixache a túa mente rota
sen mensaxes subliminais, sen mentiras,
sen soar comercial, aceptade a derrota.
En contra da sociedade e do mundo,
falo rápido, forte,
porque escupo;
neste sistema inmundo.
Pisoo, queimoo, tiroo ó lixo,
e cando pase o camión,
apláudolle e rio.
Riome enriba vosa, aplástovos, písovos,
non o podedes parar, o estopido da miña voz,
que non para de rapear.
Preparade unha festa para cando chegue,
traerei as súas cabezas de trofeo.
Morreu a peste!
Son o guerreiro sen espada,
o cabaleiro sen armadura,
un asasino que ataca con palabras
que se cravan como dagas!
Ó igual que os coitelos
eu afío as palabras
contra criminais, corruptos...
cravándollas na cara!
Botádeme enriba ó exército,
á Interpol, a Garda Civil,
encárome a todos,
lanzándome coma un mísil.
Rimas métricas.
Versos poéticos.
A miña voz emítese ó universo,
expándese!
Óese dende todo o mundo,
os OVNIs desconcertados, perden o rumbo.
Vouche enche-las orellas a escoitarme
hanche de quedar de grandes coma as de Dumbo!
Non viaxo sen rumbo,
ando a ritmo fixo
falo sen desperdicio...
E... para mostra da escoita, David Rouco, compañeiro de clase de Marco, inmortalizou o bo momento: