Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

lunes, 23 de abril de 2012

Día das Letras Galegas 2012

Salomé Velo, alumna de 1º de Bacharelato, lémbranos a traxectoria da figura homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas : Valentín Paz Andrade.




Día das Letras Galegas 2012



Valentín Paz Andrade


Neste ano 2012 o Día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade (Pontevedra, 1898- 1987). Foi político, xurista, escritor, empresario e xornalista.
Estudou Dereito en Santiago de Compostela e durante a súa etapa académica participou no movemento galeguista e tamén comezou o seu labor como escritor coa publicación en 1921 deSoldado da morte.
Dende mozo, este pontevedrés rodeouse de importantes personaxes como Ramón Cabanillas e Castelao con quen traballou no xornal Galicia de carácter liberal e democrático. A publicación de dous artigos neste xornal, levouno dous meses ao cárcere. Tamén colaborou con xornais como Faro de Vigo e El Pueblo Gallego, entre outros.
No mundo da política, Paz Andrade foi candidato ás Cortes Constituíntes e anos máis tarde participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia. A vida política do pontevedrés volveu a ser importante coa chegada da democracia, xa que foi elixido senador por Pontevedra nas eleccións de 1977.
Hai que destacar que sempre mostrou un gran interese polos galegos e pola súa terra, Galicia. Tamén, desde sempre estivo interesado nos temas pesqueiros.
No mundo empresarial, Paz Andrade foi un dos impulsores e vicepresidente da industria Pescanova e técnico da FAO.
Escribiu ensaios literarios nos que amosaba a súa preocupación por Galicia e o seu progreso. Destacan Castelao na luz, que é unha das biografías máis completas sobre este autor, e na sombra e Galicia como Tarea. Tamén publicou numerosas obras sobre temas pesqueiros como Los derechos sobre el espacio marítimoou Sistema económico de la pesca en Galicia.
Valentín Paz, pertence á Xeración de 1925 e na poesía mostra o seu amor por Galicia e a súa xente como ben podemos ver en Asementeira do vento na que fai referencia á paisaxe, ás xentes, ao exilio e tamén ós poetas galegos.
En Pranto matricial evoca a morte de Castelao. En poesía tamén publicou Cen chaves de sombra e Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo.
Cómpre destacar que este gran personaxe foi membro da Real Academia Galega e foi premiado co Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao e o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo, entre outros.

                                                                       Salomé Velo Fernández . 1º Bacharelato






 

1 comentario: