Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

martes, 12 de febrero de 2013

Entroido


Celebramos este días unha tradición que sabe a pasado, a lacón, grelos e diversión.

O Entroido ten a súa orixe nas Lupercales, antiga festividade romana.

O chamado triángulo máxico, formado polas localidades ourensáns de: Xinzo de Limia, Laza e Verín,  os Cigarróns, Peliqueiros, Felos en Maceda…

Falardonoso convídate a que investigues e vivas o noso Entroido. Busca información sobre os costumes, as datas sinaladas dentro do entroido, a comida e os postres… Agardamos os teus comentarios e así todos aprenderemos da riqueza da nosa terra. Lembra que… ti mesmo podes redactar unha entrada con ou sen imaxes, unha vez valorada polo departamento, se o contido cumpre co agardado, publicarémolo. É a mellor maneira de crear, compartir e disfrutar da diversión deste días “tolos”.


7 comentarios:

  1. Sara Zurita Nº19-3ºC13 de febrero de 2013, 4:24

    FILLOAS
    Ingredientes:
    -1 litro de leite
    -6 ovos
    -125 gramos de manteiga
    -sal
    -350 gramos de fariña
    -150 gramos de anís
    Preparación:
    Mesturar tódolos ingredientes e deixar reposar a mestura durante media hora.
    Calentar unha sarten e untar aceite cunha servilleta de papel. Botar un cazo dos soperos recheo da mestura e estendelo movendo a sarten. Pasar ao redor da filloa un coitelo de punta redonda e darlle a volta. Servir tódalas filloas nun prato e añadirlles azúcar, mel, chocolate, etc.

    ResponderEliminar
  2. Sandra Amor Ríos 2ºB Nº114 de febrero de 2013, 5:25

    DIAS DE ENTROIDO.
    É unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma.

    OS PELIQUEIROS.
    Chámase peliqueiro á máscara característica do entroido de Laza.

    OS CIGARRÓNS.
    Chámase cigarrón a máscara característica do entroido de Verín.


    ResponderEliminar
  3. Sandra Amor Ríos 2ºB Nº114 de febrero de 2013, 5:38

    COMO FACER AS FILLOAS.
    Ingredientes:
    6 ovos.
    ½ litro de leite.
    75 grs de fariña.
    70 grs de manteiga.
    manteiga ou touciño.
    sal.
    Preparación:
    Pon en un liquidificador bata os ovos en primeiro lugar, a continuación, engade a manteiga fundida e fariña, mestura, engade o leite eo sal. Deixeo reposar.
    Incluir unha pota de revestimento térmico, o fondo da pota con manteiga, se é moi graxa, eliminar cun pano. Despeje unha cuncha con un pouco da mestura, hai que ter coidado de non poñer moito, porque o máis fino queda máis saborosa. Pon dourar e retirar.
    Despois,o podes tomar soa o con o que ti queiras.


    ResponderEliminar
  4. Ariadna Julián Gutiérrrez 3ºC14 de febrero de 2013, 11:48

    FILLOAS
    Ingredientes:
    -1/2 litro de leite
    -3/4 de auga
    -6 ovos
    -sal e fariña

    Preparación:
    Pasar polo batedor tódolos ingredientes ata conseguir una masa finiña.
    Quentar a tixola e picar un anaco de touciño cun garfo.
    Rociar a tixola co anaco de touciño. Botar en cazos a masa e despois á tixola.
    Por último, cando as filloas se despeguen da tixola, sácanse.

    ResponderEliminar
  5. Ariadna Julián Gutiérrrez 3ºC14 de febrero de 2013, 12:02

    ORELLAS
    Ingredientes:
    -1 kilo de fariña
    -1 sobre de fermento
    -un vasiño de anís
    -50 gramos de manteiga derretida
    -50 gramos de aceite
    -1 raspadura de limón
    -auga tibia con sal

    Preparación:
    Faise un volcán e no medio del un burato onde introduciremos os ingredientes, despois amásase e déixase como mínimo unha hora.
    Por último, estíranse as orellas e frítense en aceite quente.

    ResponderEliminar
  6. cris lopez ventiuno17 de febrero de 2013, 11:49

    cristina lopez Nº12 3ºA

    outro postre do entroido son as orellas:

    ingredientes:
    -200 ml. de auga templada
    -50 gr. de azucre
    -100 gr. de manteiga
    -50 ml. de anís
    -1 ovo
    -500 gr. de fariña

    preparación:

    Nun bol poñemos o auga templada,coa sal , o azucre,o anis e a metade da manteiga derretida e mezclamolo ben. Engadimos o ovo e batemos todo.

    Engadimos a fariña e amasamos toda a mezcla. botamos a outra mitade da manteiga en trociños e continuamos amasamos, ata que a manteiga quede compretamente icorporada e nos quede unha mas elastica.Dejaremos reposar aproximadamente 1 hora.Cando pase o tempo previsto, vamos collendo anacos de masa e amasamola coas mans embadurnadas de aceite, e tamen o rodillo e a mesa,deixandoa o mais fina posible, freimola nunha sarten a medio fogo,e dandolle a volta mentre que vaise dorando, poñemola nun prato para que vaia absorbendo o papel o aceite sobrante,e colocamoas na fonte e empolvamolas de azucre.

    ResponderEliminar
  7. O entroido, antroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma.

    O entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interés turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

    ResponderEliminar