Comeza hoxe a nosa andaina, unha viaxe fermosa polas nosas verbas, a nosa literatura, os nosos costumes, os nosos recunchos.

Coa idea de ir vivindo a nosa cultura, benvido a esta xanela na que agardamos con ilusión a túa visita.

lunes, 12 de mayo de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014

O 17 de maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS pois foi a data na que se publicou por primeira ver CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro.
Este ano, o día está adicado a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.

Deixamos a continuación a súa páxina. Nela aprenderedes sobre a súa vida e a súa obra.
http://www.poetadiazcastro.com

2 comentarios:

  1. SANDRA AMOR RÍOS 3ºC Nº3

    O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
    Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais do Rexurdimento galego .

    ResponderEliminar
  2. Xosé María Díaz Castro foi un poeta e tradutor galego. En 2014 é o homenaxeado co Día das Letras Galegas.O 4 de novembro de 1973 foi nomeado correspondente da RAG.A Real Academia Galega decidiu adicarlle, coincidindo co centenario do autor,o Día das Letras Galegas do ano 2014.
    (Marta Agra Santos Nº1 3ºC)

    ResponderEliminar