Dar cabida á creatividade e á escritura é sempre un agradable exercicio para a mente.
Onte, na clase elaboramos unha pequena nota de prensa para falar da alerta amarela anunciada para esta jornada.
TITULAR: ALERTA AMARELA NA CORUÑA
Requisitos:
A nota debía ter cinco liñas e conter os seguintes termos: FORTES VENTOS - BAIXADA DE TEMPERATURAS - PARAGUAS - LITORAL - ONDAS DE MÁIS DE 100 METROS.
Cunha estupenda acollida por parte dos alumnos de 3ºESO A, aquí vos deixamos dúas das súas creacións:
A partir de mañá haberá alerta amarela ata as doce da noite por fortes ventos que veñen do litoral, baixadas de temperatura e incluso ondas de máis de 100 metros. Mañá se pasan pola Coruña, verán moitos paraguas nas rúas.
Andrea López Ramos
Mañá, empezando esta tarde, teremos alerta amarela por fortes ventos, co que haberá unha baixada forte de temperatura, voarán os paraugas na zona do litoral, onde haberá ondas de máis de 100 metros. Miiiiiña nai! Seremos Venecia
Alejandro Costas Rodríguez
No hay comentarios:
Publicar un comentario